Unha altura de 218 metros (29/01/12)
Porque quen tiña que vir o 28 chegou algo tarde, deixei o meu coche debaixo da carballeira e durmeu fóra do cercado.
Á mañán, cando me levantei para dar o paseo matinal, por aquelo variar de ruta, collín o coche e leveino ata Fonte Cavada.
Aparqueino onde sobe a estrada de terra cada ao monte, e empecei a subir pola serpe do camiño a eso das 8 e media.
A senda faise costaneira e o meu paso era (non tiña presa) de vello cansado. Levoume un cuarto de hora o subir ata cerca do repetidor.
Despois, collín á dereita, polo camiño de pé e fun ascendendo conforme o día aumentaba a claridade. Chan de terra, laxas, altiños para descansar e botar unha ollada a paisaxe.
A un tercio de camiño collín un pau de pino e obligeuino a facerme de bastón. Era algo grande e groso de máis, pero fíxome un bo servicio, sobre todo á volta.
O camiño estaba limpo (coñécese que o transita bastante xente) e a eso das 9 e 8 minutos, máis ou menos, cheguei ao cume norte do monte, cando saía o sol.
Alí seguía o vértice xeodésico, que xa vira na anterior ascensión, e os restos da capela da santa.
Saquei co móbil unha fotos cara a tres puntos cardinais (o sur esquencino) e intentei esplorar os restos da ermida.
Hai unha parediña lateral, que da ao nordés, duns tres ou catro metros e camiñei por ela, con tan mala sorte que escorrín, e, con vara e todo, caín desde o alto (pouco da parede - uns 25 cm.), levando un golpe de carafio.
Intentei agarragarme ás pedras e rabuñeime e sangrei por tres dedos da man dereita.
Erguínme como puden e iniciei o descenso coa axuda do caxato e máis precaución que antes.
A baixada sempre é máis fácil e máis curta en tempo.
Collín o coche e cheguei á casa, onde lavei o sangue das mans.
Despois tiven que ir a Paredes, por mor dunhas fotocopias e merquei na Farmacia Iglesias un pack de tiritas.
O farmacéutico de garda preguntoume onde me fixera a ferida. Conteille o conto e díxome que el tamén fixera o camiño dos dous cumios e máis a baixada da Garita ata o Faro, pero que aquí non había camiño e que había que baixar, ás veces, en algún treito arrastrando o cu polas laxas.
En toda esta aventura non me pasou nada, pero pudo pasarme...
Menos mal que levaba o móbil comigo. Se chego a romper unha perna, xa teríamos ao helicóptero do Sergas a busca dun inconsciente, ou, se perdera o coñecemento, a unha patrulla mirando por min...