Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

20 Enero 2012

Concerto en Barbadás (15/01/12)

O domingo, día 15 de xaneiro, a Coral "Francisco Añón", de Outes, desprazouse a Barbadás, na provincia de Ourense, para devolverlle a visita á Coral "San Mauro", da localidade.

Saímos ás 15,30 da tarde da nosa base, e, pasando por Noia, para recoller a seis coralistas-Pedro e Angeles, Paco e Benigana e Alejandro e Claudia- arribamos a Barbadás, bastante antes das 6 da tarde.

A esa hora hora escomenzaba a misa na capela de San Mauro?, alí ao lado do Centro Médico, onde tivo lugar o Concerto.

Este empezouno unha rondalla (orquestra de pulso e púa) chamada "Nova Xeración", cuios integrantes disque eran uns 12, pero actuaron somentes 7 (3 bandurrias, dous laúdes e 2 guitarras).

Interpretaron Andante en Mi menor, La casa del sol naciente, New York, New York e o pasadobre Pepita Greus.

Despois, a Coral " Francisco Añón" cantigou Boga, boga; Unha noite na eira do trigo; Negra sombra e Consabor tropical.

Finalmente, a Coral "San Mauro" fixo tres temas sudamericanos: Camino del indio, La golondrina e Carnavalito quebradeño.

Ao remate, houbo os consabidos "pinchos", con empanada, tortilla, sandwiches de york e queixo, canapés de ensaladilla, fiambre (queixo, chourizo, lomo e xamón serrano), todo regado con viño, auga e refrescos.

Nunha hora e tres cuartos estabamos de volta na Serra de Outes.

A temperatura no camiño era bastante baixa, xa que ao atravesar Lalín (cercanías) o termómetro marcaba -3 graos.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera