Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

7 Enero 2012

Concerto de Nadal en Muros (25/12/11)

   Desde o ano 1.995, a Coral Montemar, baixo o patrocinio de Excma. Deputación Provincial de A Coruña, ven organizando na Colexiata de Sta. María do Campo, de Muros, un Concerto de Panxoliñas.

   Nun principio facíao ela soa, pero, logo, foron agregándose a ditro concerto distintas corais do concello: A Coral "Don Diego de Muros", a Coral "San Xoán de Serres" e a Coral "Agustín González ", de Louro.

   En algunha edición tamén interviñeron a Coral "Francisco Añón", de Outes e máis a Coral Xuvenil "Solpor" de O Freixo e, inclusive, o" Grupo Atlántico" de Noia.

   Este ano contamos coa colaboración, asemade, do recén creado Orfeón "Ría de Muros", que pertence á Asociación Cultural "Faltriqueira".

   Deste xeito, o día 25 de decembro, coa iglexa chea, pola expectación que espertaba a primeira actuación na localidade do orfeón, ás sete da tarde, escomenzou o Festival.

   Antes de que pasara ao estrado (o altar maior) a Coral de Louro, a Coral Montemar fixo dous temas para fundir a frialdade do ambiente e introducir o Concerto propiamente dito.

   Cantigou o Adeste. fideles (Cheguémonos ao Portal) e máis o Tanenbaum.

    Seguidamente a Coral "Agustín González" ofreceu  Al brillo de la luna e Dormi,  non piangere, baixo a batuta de Luis Rama Lestón e Foliada do Camiño.

   Pasou, logo, ao escenario a Coral "San Xoán de Serres"que interpretou En la más fría noche, Lenta cae la nieve (as dúas dirixidas por José Fernández Lestayo) e Vinde, pastores.

Sigueu, agora, a intervención do orfeón "Ría de Muros" con Entrai, pastores, entrai: El tamborilero e Vinde, pastores, vinde.

   Ao rematar este, entrou á palestra a Coral "Don Diego de Muros" con Cristo naceunos hoxe, Huachito torito (Renato Pestonit  Brenlla) e Foliada de Nadal.

    Finalmente, a Coral Montemar fixo Mariñeiro, A Virxe cántalle ao Neno e Hodie Christus natus est.

   Como remate houbo dous vilancicos conxuntos: Paz en la Tierra de Haendel e Noche de Paz de Franz Grüber.

   Terminado o canto, o ex- párroco, D. Casimiro Torres Pombo, adicou aos coralistas e máis ao público unha palabras de agradecemento.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera