Panxoliñas en Noia (17/12/11)
Según estaba previsto na programación da Sociedade Liceo, a Coral iniciou os Festivais de Nadal o día 17 ás 9 da noite.
Fixéronse unha morea de Vilancicos (12 en total), entre os que destacaban os tres que lavara á Coruña o día 6 de decembro, ao Teatro Colón: Mariñeiro, de Rogelio Groba; A Virxe cántalle ao Neno e Hodie Christus natus est.
A relación dos outros é a que segue :Paz en la Tierra; Cheguémonos ao Portal; Foliada de Nadal; Tanenbaum; Lenta cae la nieve; Dúrmete, Meniño; Vinde, pastores; Pot-pourri navideño e Noche de Paz.
O público (media entrada) estaba algo frieiro, non sei se pola escasa calidade do ofrecido, ou porque facía frío.
Ao remate houbo os consabidos pinchos navideños, pero Renato, Angeles, Pedro (consorte) e o director tiveron que largarse a toda máquina cara a Muros, onde a coral "Don Diego de Muros" tiña unha cea.
En Noia acabouse sobre as dez, á mesma hora na que empezaba a cea.
Aínda así, chegaron ao primeiro prato (gambóns a plancha, ao que seguiu pescado con ensalada, carne asada, tarta de postre e "chupitos variados" a escoller.