Solpor en Vigo e máis na Coruña (17 e 18 de decembro)
A Coral Xuvenil Solpor, milagrosamente, foi seleccionada para participar na dobre final do Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia.
O día 17 de decembro, ás sete da tarde, estivo no Auditorio de Novacaixagalicia, en Policarpo Sanz, antes Teatro García Barbón de Vigo e actuou, entre un elenco de 12 corais en 2º lugar, a petición do seu director, que tiña un compromiso previo en Noia, para un Concerto de Nadal, coa Coral Liceo de Noia.
Tres cuartos de hora antes das sete, o autobús de Autos Dosil, S.L. de Ponte Nafonso (Noia) deixou aos coralistas á porta do Teatro, e, sobre as sete e cuarto, subiu ao escenario interpretando os temas Naranjicas doradas, Canto de berce (con dúo de frautas) e EnBelén nace un Niño.
Terminada a actuación, a eso das 7,25, o director e máis dúas coralistas (Angeles Filgueira e Amalia Ameneiro) emprenderon o camiño de Noia, onde estiveron ás 8,45.
O resto da expedición esperou a que rematara o Festival e despois de recibiren o Premio e máis o Diploma acreditativo e cantaren o "Adeste fideles" dirixido por D. Joaquín Carbajal Baños, emprenderon o regreso cara a O Freixo. Pararon na área de Servicio de San Simón, onde a cada un se lles deu un paquetiño que contiña un bocadillo de xamón york con queixo, unha auga mineral e unha palmera.
Ao "apoio loxístico" substituíuselle a palmera por unha froita (mazán) así como aos acompañantes.
Ao día seguinte, fixeron a mesma viaxe cara a A Coruña (saída ás 4 da tarde tamén), onde subiron ao escenario do Teatro Colón en 9º lugar.
Cantigaron as mesmas pezas que en Vigo e esperaron ata o final para recibiren o premio e o diploma, de mans dos membros do xurado da Sopciedade Filarmónica de A Coruña, D. Antonio Vasco Pardevila e Dª Mª Teresa del Castillo (faltou á sesión o crítico musical D. César Wonenburger) e a despedida a cargo do presentador D. Juanjo Villamor.
De volta, o autobús detívose na área de servicio de O Burgo, onde coralistas e acompañantes saborearon con fame una bocata de chourizo, unha auga e unha froita.
Previamente, no quencemento de voces na área de Ameixeira, os pequenos xa degustaron cadensúa "palmera de chocolate".
Embarcados de novo no autobús a xente miúda veu cantando toda a viaxe nunha festa rachada.
"Aplaudídenos forte"- decía algunha "enanita"...
Foi unha bonita experiencia, que quizais non repitan na súa vida.