Tres actuacións nun día (10/12/11)
Onte era a festa de Nª Sª do Loreto, Patroa da Aviación Española.
No Acuartelamento do EVA 10 (Monte Iroite), do que está ao frente o Cte. D. Lino Iglesias Posada, celebrouse a festa anual correspondente, na que, ademais, se entregou un guión, doado polo Concello de Ribeira a Unidade Militar devandita.
Neste actos estivo presente o xeneral de brigada D. José Luis Triguero de La Torre, que, con outros persoeiros da política, fixo entrega de condecoracións diversas a distintos membros da Unidade.
Previamente a estes actos, celebrouse a Sta. Misa, que presidiu D. Marcelino, o párroco de Cures, acompañado polos de Bealo e Abanqueiro.
Na celebración cantigou a Coral Liceo de Noia, que interpretou sucesivamente: Canticorum iubilo; Kyrie e Gloria; Lauda, Jerusalem; Alleluia; Signore delle cime; Sanctus, Agnus, El Peregrino e a Salve aviadora.
A continuación da entrega do guión e das medallas, fíxose a homenaxe aos caídos, depositando unha coroa de loureiro diante do cruceiro de madeira, instalado no ximnasio.
Rematada a cerimonia, todo o persoal asistente pasou ao comedor, onde degustaron diversos alimentos acompañando ao "viño" español (ensaladilla, ovos recheos, gambóns, empanada, melón con xamón,piña rechea, paté, mexillóns, fiambre - chourizo e salchichón- canapés, etc.) Todo esto presentado cunha orixinalidade digna dun cociñeiro da Guía Michelín...
&&&
A Coral do Liceo baixou nun autobús de Autos Dosil, S.L. desde o Iroite (6 grados de temperatura) ata Noia (11 grados) e foi deixando ao personal.
Posteriormente o director, e máis dúas cantoras, trasladouse a San Martiño de Broño, unha parroquia de Negreira, que rexenta D. Manuel Iglesias Pérez, onde ás 16,00 había un funeral de corpo presente.
Acompañaban ao Rvdo. dous sacerdotes ( o de Liñaio e máis o da Pena). Terminado o acto relixioso voltouse de novo para Noia, onde pasou polo tanatorio e despois de dar un curto paseo po Marítimo,
&&&
embarcamos en Outeiral para ir a Estrada, onde lle devolvemos a visita á Coral Polifónica de Berres, no Teatro Municipal da Estrada.
Con nós estaba o Grupo Aleceia de Teo (só mulleres) e a Coral anfitriona, a Coral Polifónica de Berres.
Cada unha das corais interpretou cinco cancións :
Liceo -Mariñeiro, A Virxe cántalle ao Neno, Hodie Christus natus est, Lenda galega e Alma llanera;
Aleceia - Siyahamba,Do mar pola orela, Ya viene la vieja, A la nanita nana e Jingle bells;
C.P. Berres- Tres cantigas de Pontevedra, El rossinyol, Aurtxo polita, De la Virgen e Eu teño un canciño- e logo, mentres o Madrid e o Barcelona dirimían as súas diferencias, os coralistas e acompañantes pasamos ao restaurante "O Carballo Grande"( carretera do Pazo de Oca) onde houbo de todo : empanada, tortilla, croquetas, gabardinas, mini-san jacobos, zorza e raxo.
A nosa xente xa se quería ir ás 23,15, pero dixéronnos que agardáramos polos postres e máis pola queimada. Así o fixemos e saímos dalí ceca das 24,00.