Outras catro corais no Teatro Colón (06/12/11)
Na sesión de mañán do Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia -11, que tivo lugar no Teatro Colón de A Coruña o día 6 de decembro, actuou en 2º lugar a Coral "Liceo de Noia", que cantigou Mariñeiro de Groba, A Virxe cántalle ao Neno - canción inédita e con Angeles Filgueira como solista-, e Hodie Christus natus est.
En 4º lugar interviu a Coral "San Xoán de Serres" baixo a dirección de José Fernández Lestayo (Pepe o Meira) ofrecendo En la más fría noche, Lenta cae la nieve e Foliada de Nadal.
En 7º lugar cantigou a Coral "Agustín González", de Louro, baixo a dirección de Luis Rama Lestón, interpretando Al brillo de la luna; Dormi, non piangere e Foliada do Camiño.
Finalmente, en 9º lugar a Coral "Don Diego de Muros" puxo no escenario Cristo naceunos hoxe, En la más fría noche e Foliada de Nadal, baixo a batuta de Renato Pestonit Brenlla.
Cando remataron de cantar, os coralistas das catro agrupacións foron ao Restaurante a Peneira, onde degustaron os menús nº 2 (Coral de Louro), 3 (Liceo e Serres), e 5 (Coral de Muros).
Arredor das 6 estaban as catro corais na súa base respectiva.