Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

28 Octubre 2011

Xuizo en Paredes (27/10/11)

   O meu amigo tivera un accidente de tráfico aló a mediados do 2.009, na estrada C-550, e saiulle agora o xuizo.

   Tratárase dunha colisión  contra un vehículo, que estaba parado nunha caravana de coches, mentres facía manobras un camión. O meu amigo alcanzou ao último coche da fila e, este, á súa vez chocou contra o de diante.

  O conductor deste( que por certo non quixo arreglarse polas boas, como lle pedían os dous posteriores e máis a xente, que acudiu a ver o accidente, ademais da policía municipal tinens e, inclusive a Garda Civil de Tráfico, cando chegou) deu positivo no control de alcoholemia.

    Ao non querer saber nada de arreglos a Policía Municipal chamou a Tráfico, que estaba nese momento en Vimianzo e tiveron (o meu amigo e máis os outros dous conductores implicados) que agardar máis dunha hora a que chegase.

   De resultas do positivo do demandante fomos ao Xulgado  de Paredes ao día seguinte ou un día próximo, pero ao meu amigo mandárono marchar.

    Fixaron a data do xuizo dúas ou tres veces, cos correspondentes aprazamentos, e, por fin, hai uns días celebrouse.

   Un pouquiño despois da hora fixada escomenzou. Pedíronlle ao acusado (o meu amigo) e máis ao demandante os correspondentes DNI e escomenzou a vista.

   O avogado do demandante preguntoulle ao meu amigo como sucederan os feitos e este explicóullelo.Logo fíxolle algunhas preguntas o defensor, que era o letrado da Compañía de Seguros.

   Entre outras cousas preguntoulle se recordaba que aquel se queixara dalgunha dor, mentres agardaba. Despois púxose diante do micrófono o médico que fixera o informe. 

   A este, o avogado da defensa buscoulle as cóchigas por cada párrafo do escrito.

   Antes de empezar a vista, o Sr. Xuiz díxolles a ámbolos dous se querían chegar a un acordo.

   Negouse o da defensa, por parecerlle esaxerada a petición do demandante (máis de 10.000 €) e entón a Súa Señoría díxolles que lles daba unha semana, despois de comunicada a sentencia, para chegaren a un arreglo.

   O xuizo parecía talmente un deses que se ven na televisión: presidindo o Sr Xuiz (que por certo dáballe uns aires ó actor Imanol Arias); á súa esquerda a Secretaria, cun ordenador diante; logo a ambos lados, o avogado do demandante e máis o procuraador e, enfrente á esquerda, o defensor da Compañía  de Seguros e máis do meu amigo, coa substituta da procuradora, tamén. O xuizo quedou visto para sentencia.

   Cómpre sinalar que, cando convocaron ao meu amigo para o primeira data do xuizo, foi o día antes preguntarlle ao xulgado se era imprescindible que estivese presente el, porque xa estaba representado polo avogado da Compañía e tiña á mesma hora un cursiño.

   Dixéronlle que non volvese ao día seguinte, pero a súa sorpresa foi que, cando o convocaron para a vista aplazada, aparece como declarado "en rebeldía".

    O meu amigo contóullelo ao avogado, algo cabreado, pero este díxolle que o feito non tiña importancia, xa que era parte da "Linguaxe xudicial".

    A ver en que queda a cousa....

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera