Concerto en O Rosal (22/10/11)
Co gallo do 7º aniversario da fundación da Coral de O Rosal, a Coral Fonte do Souto, de Culleredo e máis a do "Liceo" de Noia, fomos invitadas a un Encontro Coral a tres bandas.
O acto tivo lugar ás 20,00 horas no Audtorio Municipal, un edificio de tres plantas, onde están ubicadas as instalacións da Banda de Música e máis da Coral.
Os de Noia saímos ás 17,005 da tarde e fomos a recoller á xente de A Pobra. O chófer levounos por preto de A Guardia e tardamos bastante en chegar. Arredor das 19,20.
Cantou en primeiro lugar a Coral "Fonte do Souto" de Culleredo, baixo a dirección de D. Luciano Lago Padín, que interpretou Branca gaivota, Mi viejo San Juan, Ojos de España, Nobody knows e A Rianxeira.
Despois deles subimos os de Noia, que ofrecemos ao público Boga. boga, Negra Sombra, Dicen que se muere el mar, Polo mar abaixo vai e Rondó de la Jeringosa.
Pola súa banda, a Agrupación Coral de O Rosal cantigou Fisterra, Á beira do lume, Edelweiss, Lela e Velái vai., baixo a batuta de Dª Toñi Santos Vaquero.
Ao o remate as tres corais xuntas cantaron O voso galo e máis a Pandeiradar de San Amaro, dirixidos polos directores invitados..
No andar 3º do edificio degustamos uns pinchos, nos que había, entre outras cousas, Tortilla, empanada, queixo, xamón, pizza, torradas, doce ou bica e bica de rinchóns.
Cando saíamos, ofrecéronnos café e máis chupitos.