Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

14 Junio 2011

Concerto-aniversario da Coral "Agustín González" (13/06/11)

   Onte, día 13 de xuño de 2011, celebouse co gallo da festividade de San Antonio de Padua (ou de Lisboa), un mini-concerto, aniversario da Coral "Agustín González" de Louro.

     Esta agrupación fixera a súa estrea musical o día 13/06/02, na igrexa dos PP. Franciscanos de Louro. Desde sesa data, tódolos anos participa na misa vespertina, na honra do santo franciscano e, posteriormente, fai un concerto pequeniño.

    Nembargantes, o ano 2.009 faltou a esa cita, pois tivo que desprazarse, invitada pola Presidenta da Comisión de Cultura da Excma. Deputación Provincial de A Coruña, Dª Caridad González Cerviño, a unha xuntanza polifónica en Viana do Castelo (Portugal).

     Este ano participou na Misa, que celebrou o P. Fermín Gómez Vigide, auxiliado polo Superior, P. Humberto Jesús Soto Castro e polo seu irmán o P. Feliciano Gómez Vigide, que fixeron as lecturas primeira e segunda, respectivamente.

    Ao o remate da Misa e da posterior procesión, bendecíronse os lirios, bendecíronse os nenos e tamén se bendeciu o pan (uns boliños pequenos, que levou cada un dos asistentes á misa), a coral interpretou os seguintes temas: Adiós, lucero de mis noche; Al piede una verde palmera; No tardes, Tom; Habanera de D. Gil de Alcalá e Axiña vai Maruxiña.  Como despedida, cantouse o Himno galego.

    O público foivos mui educado, pois ao remate da Sta. Misa, quedouse prácticamente todo para asistir ao concerto, que rematou sobre as 21,15. Logo, cada moucho á súa oliveira...

    Cómpre suliñar que a Misa foi aplicada polo persoeiro, que lle dá o nome a Coral ( Agustín González López),  de quen precisamente facía 22 anos, que fora o pasamento. D.E.P.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera