Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

30 Mayo 2011

Subida a Monte Louro (28/05/2011)

   O Monte Louro é unha pequena montaña con dobre cume (dobre pirámide, que xa existía antes que as de Exipto),  e está situada, cara ao Oeste da Ría de Muros e Noia, protexéndoa dos ventos de fóra.  

   A ela hai difícil acceso, porque non existe ningunha pista, estrada ou camiño, que leve ata os dous cumes. Hai uns 55 anos ascendín a el, varias veces, en épocas distintas. Desde entón, por mor da vexetación salvaxe (toxos sobre todo) non se podía subir, non sendo con moita dificultade.

   Hai uns mes, máis ou menos, tres amigos meus, distintos, dixérorme que agora se podía subir, porque alguén limpara un carreiriño ata o cume do norte, onde antigamente había unha capela adicada a Santa María Magdalena ( a capela da Madanela). Para os meus adentros dixen: "teño que ir".

   Ese día, sábado, o paseo diario matinal dicidín trocalo pola ascensión ao Monte. Saín da casa a eso das 7 ,30 da mañán e fun no coche ata Fontecabada.

   Alí torcín á dereita e escomencei a subir ata un depósito de auga, que fixo arriba a Forestal. Deixei aparcada a besta mecánica e iniciei a subida a pé.  O calzado eran uns zapatóns a propósito para camiñar, que agarran ben en calquera tipo de chan.

   Subín cara ao repetidor da televisión e logo, á súa altura, xa divisei o camiño, que leva ata o cume norte da montaña.

    Para axudarme no ascenso (bastante pendente) collín unha vara de pino seco á que lle dei un golpe para facela máis curta e quedoume na man un anaco dela de uns 63 cm. Foi a única compaña e o único testigo da miña aventura.

   Sube que sube, e parando de cando en vez, chegei arriba de todo, que foi ata onde me dixeran que chegaba o camiño (218 m. aproximadamente).

    Alí atopeime con restos da antiga capela, unha bandeira atada a un pau e un vértice xeodésico, ao que alguén ou algúns, que non coñeceron a seu pai, lle escascaron o lateral.

   Mirei o panorama, sobre todo cara ao Norte ( Louro, Taxes, O Oroso, o Monte de Serres,etc.), o Oeste (Fisterra, Miñarzo, Lariño, e o Atlántico infindo, onde ao lado de Birullos navegaban dous iates, e ao Leste ( por alí o sol, que acababa de saír, impedíame ver con claridade o fondo da ría).

    Saquei varias fotos co móbil e, xa me dispoñía a retornar, cando ao mirar para o pico sur, vexo que hai outro camiño que ascende ata el.

   Para acceder a este, tiña que baixar por Emtrámbolos montes e logo voltar a subir. Así o fixen.

   Pouco a pouco fun alcanzando a "V" central da silueta do monte e outra vez cara arriba.

    Ao puco tempo acadei o segundo cumio, o pico da Gorita ( 241 m.), onde tamén hai restos de pedra dun antigo forte ou caseta de vixiancia, disque ordenado facer por Xelmírez.

    Tamén alí puxeron outra bandeira, chantada nun pau. Voltei a mirar os catro puntos cardinais, e a disfrutar dun panorama soberbio.

 Por segunda vez saquei fotos (O Neixón, A Pedra de Con e a Insua) e, con calma, (é máis perigosa a baixada que a subida) iniciei o descenso.

    Primeiro baixei a Emtrábolos montes, logo volvín a subir á capela da Santa e, por último, fixen o remate da baixada ata onde aparcara o coche.

     Levoume en total o traxecto completo unha hora e dez minutos, pero valeu a pena. É unha experiencia que lle recomendo a calquera persoa da parroquia de Louro e tamén ás que non pertencen a ela.

   Facía un 50 e tantos anos que non pisara eses sitios, pero a satisfacción superou ao esforzo feito.

   Ao día seguinte, as pernas déronme o aviso de que o esforzo non fora "normal", pero aínda así pagou a pena o feito. Hei procurar repetir a aventura.

    Sería bo facelo pola tardiña, porque, así, a vista Leste sería completa e clara ( A Creba e o fondo da ría, Boa, Portosín, O Son, etc.).

    Recoméndolle a aventura a calquera persoa, que desde o seu lugar habitual vexa a silueta de Monte Louro. Xa me contaredes, se o facedes...  

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera