XXI Aniversario do Centro Social de Outes (07/11/10)
O día 7 de novembro tivo lugar a Festa de Aniversario do Centro Social de Outes, a cuio frente está Dª Elvira García Mosquera.
Como a Coral Francisco Añón tiña pendente a devolución de visita por parte da Coral Fonte do Souto de Culleredo, decidiuse que eles se achegaran a Outes ao día seguinte da celebración do seu I Festival Coral de Outono.
O acto escomenzou coa estrea dun Grupo de Pandereteiras de San Lourenzo, que fixeron catro temas. Despois interviu a Coral de Culleredo, cantando Mi viejo San Juan, Nobody knows e Ojos de España, baixo a dirección de D. Luciano Lago Padín e finalmente a Coral "Francisco Añón" ofreceu La sirena, que tivera que cambiar en Culleredo por mor de que a repetía a Coral de Ribeira, Te quisiera llevar (con solista) e Polo mar abaixo vai. Tamén ao remate, se cantou o Coro de escravos da ópera Nabucco de Verdi.
Como é tradición, no Centro Social obsequiaron á xente con unha bebida e empanada (carne e atún). Os membros das corais pasaron ao baixo do Centro e alí probaron...
Na viaxe de vida, que fixeron vía Santa Comba, A Pereira, Outes, parte da Coral Fonte do Souto mareouse entre Pesadoira e a Serra, inclusive o director, como lle ocurrira o día antes a algún compoñente da Coral da Serra.
Cómpre dicir que ao inicio do acto dixo unhaa palabras despoiis de Elvira García o Sr. Alcalde, D. Carlos Enrique López Crespo.
CANCELA CIPRIANO dijo
ME INTERESA SABER DE ALGUNAS FIESTAS DE ESA ISTITUCION PARA PODER SALUDAR ALGUNOS AMIGOS POREGEMPLO, PEPE BUGAN , ETC. MUCHAS GRACIAS.
22 Febrero 2011 | 02:47 PM