Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

2 Noviembre 2010

Actuación no Couto (Narón) (31/10/10)

    A Coral do Liceo de Noia, a invitación da Coral  "Amistad", da Asociación de Veciños de O Couto (Piñeiros-Narón), por mediación de  Evaristo Sanjurjo Lago, foi a esta localidade de Ferrolterra para actuar dentro do Outono Cultural. Neste evento interveñen cada fin de semana de outubro e novembro dúas agrupacións musicais.

    Nesta ocasión nós compartimos escenario coa Coral "Mulleres de Vilaboa", que dirixe o amigo D. Antonio Piñeiro Fernández, asemade ó frente da Coral de A Gaiteira, da Coruña.

    Esta cantou sete temas e outro máis de propina, como xa é tradición nese Festival: Zorongo, La golondrina, Jota baturra, Adiós, ríos, adiós, fontes; Quiéreme mucho, Suspiros e Lévame, lévame.

    Nós botamos  oito, e rematamos co Rondó da Jeringosa de D. Pedro Braña Martínez, un compositor asturiano, falecido hai uns anos. Os temas foron: No tardes, Tom; Con sabor tropical; Habanera de D. Gil de Alcalá; Boga, boga; El abanico; Negra sombra; Dicen que se muere el mar e Lenda galega.

    Teñen por costume gravar en vídeo a actuación toda.

     A viaxe fíxose ben: saíron (eu fun no meu coche por mor das flores de Difuntos) ás 3 da tarde da Pobra e ás 3,30 de Noia.  A eso das 5 xa estaban no local da Picota, o local social da coral anfitriona.

       Ó remate do Festival houbo uns pinchos ben regados (empanada de bonito, minibocatas de xamón serrano, croquetas, anillas de calamar, gabardinas, e fiambre - queixo, xamón iork).

    Veu connosco Anuska e tamén estiveron os pais de Iago e varios tíos da nai. Tamén asistiron ó concerto a "tía " Josefa (92 anos), a súa filla Isaura e as dúas netas (Ana -Psicoloxía e Almudena- Económicas).

    Estiveron tamén familiares de Amalia Benita (o marido, a neta maior e dous cuñados).

    Ó remate dos pinchos as corais intervintes cantigaron "O Galopín" e máis o "Velaí vai".

    Saímos dicindo "Adiós con el corazón"... A eso das 10,40 xa estabamos na casa.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera