Un "finde" distinto (23-24/10/10)
O previsto era facer de chófer de peluquería na mañán do 23, pero atravesouse un funeral en Landeira, á 1 da tarde, e houbo que combinar ámbalas dúas cousas.
Saímos ás 10,00 da casa cara á pelu, coa intención de acabar ás 12, pero o home propón e Deus dispón. Era para viren elas comigo a Landeira, pero ás 12 non tiñan acabado, así que fun eu só ó funeral.
Alí agardaban PIL e JUMA. Tardou un pouco Pepe de Paredes, que viña de OSEBE, e fíxose o funeral, diante de San Estevo, Santo Antonio e San Lázaro, coa co-presidencia de San Brais, O Corazón de Xesús e a Virxe do Rosario, nun plano superior. Oficiou D. Bautista, auxiliado por D. Gran Prédica e o de Paredes.
Ó remate voltei pola pelu e chegamos á casa ás 14,45. Comida e sesta, e tira para para o ensaio de Paredes. Rematado este ás 17,30, collemos camiño cara a cidade levítica, onde había unha misa de segundo aniversario. Foi mui longa.
Volta á estrada e ás 21 e pico chegamos a San Xoán. Ensasio e día completo.
&&&
Ó día seguinte, domingo, tiñamos unha comida anual coa agrupación do outro lado da Ría. Había que saír da casa ás 13,00 horas, pero, ás doce, veu EL para que lle solicitara unha cita médica por Internet. Pedinlle os datos da cartilla sanitaria e non quixo darmos. Dixo que mos traería persoalmente.
Estaba a chover miudiño e, ó entrar pola costa embaldosada (os tenis ían gastados tamén), pegou un esbaramento e foise ó chan. Vaia batacazo! Quedou semiinconsciente e queixábase da espalda.
Levámolo a Urxencias de Paredes e alí non lle encontraron (sen miralo moito) nada. Dixéronlle que fora o luns ó medico de cabeceira.
Nós, como tiña algún síntoma de que a cousa podía ser máis grave ( pérdida de memoria inmediata e posterior vómito) decidimos levalo á Cidade levítica.
Voltamos á súa casa e cambiouse de roupa. Ás 15,00, máis ou menos, chegamos ás urxencias do CHUS e de alí fomos á Sala de Clasificación.
Despois dunha radiografía e un TAC (dous Tac averiados pero funcionou o terceiro) recibiuno o médico, que lle fixo unhas pequenas probas e, despois de esperar máis dunha hora polo informe, viñemos para a casa.
Ó chegar a Sabardes, traspaseille o doente á filla, que viña da Cidade da Torre, a eso das 20,40, e fixen o ensaio correspondente, entre 21 e 22.
O previsto era a comida anual, (tiven que chamar ó Non-nato e máis ó Renascido), pero Deus dispuxo que coméramos no CHUS un par de bocatas e un café.
Por certo, o doente non tiña ningún órgano rompido. Só magulladuras e moita dor nos dous ombreiros. Ah! Esquencíaseme. Estiveron de visita no Centro Hospitalario os futuros pais de Iago.