Misa de S. Francisco (04/10/10)
A Coral "Agustín González" viña actuando dúas veces ao ano na igrexa conventual dos PP. Franciscanos de Louro (Muros).
Desde a súa fundación, no ano 2.001, sempre actuou pola festa de San Antonio (13 de xuño, a súa estrea 13/06/02) e tamén pola de San Francisco, o día catro de outubro.
O ano 2.009, como a Agrupación tiña un compromiso en Viana do Castelo (Portugal) precisamente ese 13 de xuño, solicitada pola Deputación de A Coruña, nesa data concreta a coral non pudo intervir na Misa do Santo ese día.
Nos demais días (13 de xuño e 4 de outubro) sempre actuou na Misa dos santos respectivos e, despois da Misa, facendo un mini-concerto de arredor de seis temas. ,
Algúns anos, cando facían os carteis das festas, anunciaban tamén a actuación da coral. Pode que en algún ano se esquenceran, pero nós cantabamos o mesmo.
Este ano non se lembraron de subir á coral aos carteis anunciadores, pero nós cantamos na Misa e alguén nos suxeriu que non fixeramos o concerto, non se sabe se por distorsionarlle o horario da cea da Comunidade ou porque o repertorio non era apropiado para un local sagrado (o mesmo repertorio bótase en outras igrexas).
Cando iamos subir ao coro díxosenos que non habería inconveniente en que fixeramos o concerto, pero, nós como non tiñamos repasadas a pezas para botar, declinamos a invitación.
Na Misa iniciamos co Canticorum iubilo de Haendel; fixemos despois o Kyrie e o Gloria, logo, un Alleluia (tamén de Haendel), o Ofrecémosche da Terra, o Santo (de Haendel asemade) o Agnus e, na Comunión, El Peregrino.
Ao salir a procesión estreamos completo o tema En Procesión, e ao entrar de volta, Tal sello impreso traéis.
A Misa foi aficiada polo P. Feliciano Gómez Vigide, que estaba asistido polo seu irmán Fermín e máis polo ex- franciscano Angel París, capellán na Navy americana.
Dentro do presbiterio estaban o P. Humberto Jesús Soto Castro, ( o Padre Superior y máis párroco de Louro) e tamén o lego salmantino Frei Pedro.