Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

5 Septiembre 2010

Mostra Coral 2010 en Louro (04/09/10)

    Onte, celebrouse un Louro-Muros unha Mostra Coral na que participaron tres agrupacións: a Coral "San Xoán de Serres", a Coral da A.C. "Lira" de San Miguel de Oia, en Vigo (Pontevedra) e a Coral "Agustín González" de Louro.

    O Festival empezou arredor da 20,00 horas e nel cada unha dos colectivos intervintes cantigou catro temas, dos que, necesariamente, dous tiveron que ser en galego. 

    A primeira agrupación en intervir foi a Coral "San Xoán de Serres", que lle ofreceu ao público Salió de Jamaica, Al pie de una verde palmera, O Neno dormía  de A.I. Paz Valverde e As lanchas do xeito de Prudencio Romo e máis dos Tamara.

     En segundo lugar actuou a Coral da A.C. "Lira" de San Miguel de Oia (Vigo), dirixida por D. Javier Domínguez Millán, que saiu á palestra interpretando Ao ver que non tiñas nome de Paz Valverde, El abanico de Trayter, Maruxiña de X.A. Oliveira e Hermosa de Rey Rivero.

    Por último a Coral anfitriona, "Agustín González", cantigou Con sabor tropical de Ricardo Tejada e Jorge Domingo, Adiós lucero de mis noches de J. Trayter, Axiña vai Maruxiña de Agrelo-Barreiros e María Soliña de C.E. Ferreiro e P. Romo.

    Antes de rematar, as tres corais volveron a cantar xuntas O galopín de Miguel Groba e o Himno galego de Pondal-Veiga.

     Despois do canto os coralistas e acompañantes pasaron polo Restaurante "California" (Casa Rogelia), de alí de Louro, onde degustaron uns pinchos a base empanadas, tortilla, xamón asado, ensaladilla, sandwiches, brazo de xitano e rosco, acompañados da correspondente bebida. Arredor das 10,45 xa todo estaba rematado.

    É de resaltar que o acto estaba patrocinado pola Consellería de Cultura a traverso da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, coordinado por Fecoga, co aopio loxístico (palco, asientos e megafonía) do Concello de Muros e a colaboración inapreciable do silencio dun público respectuoso, solo interrumpido polo ladrido duns cans, de cando en cando.

    O Concerto tivo lugar na praciña denominada "Porta de García" e contou coa asistencia da Concellala de Muros e presidenta da Comisión de Cultura da Excma. Deputación de A Coruña, Dª Caridad González Cerviño, que foi quen entregou os agasallos ás corais.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera