Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

3 Agosto 2010

Concerto do verán 2010 (01/08/10)

 O día arriba indicado tivo lugar na igrexa románica de A Mezquita, no Concello ourensano de A Merca, un Festival de Música Coral, no que participaron as Corais "Francisco Añón", de Outes (A Coruña); o Orfeón vianés e a Coral da Mezquita, que facía de anfitriona.

    A primeira agrupación (o acto empezou ás 20,30) cantigou No tardes, Tom; Con sabor tropical; Unha noite na eira do trigo e Boga, boga, baixo a dirección de D. Domingo Barreiros Lago.

    Os de Viana do Bolo cantaron Xa non sei cantar de Pérez Bernal, Lévame, La sirena e Sin ti. Esta coral estaba dirixida por D.  J. Ramón Mansilla Álvarez.

    Finalmente a Coral de A Mezquita, baixo a batuta do avogado D. Baldomero Borrajo Martínez interpretou A Rosalía, No llores por mí, Argentina, Airiños, de Jausarás, e Bésame mucho, cunha harmonización do director.

    En canto a público, xa había tempo que non viamos unha igrexa tan chea de xente.

    Rematado o concerto, no que estivo presente o Presidente de Fecoga, D. Antonio Rey, acompañado da súa dona, leváronnos a o Restaurante " O mesón do Labrego" da Merca, onde nos obsequiaron cunha espléndida cea: Empanada, calamares, ensaladilla e unha carne estofada de vaca cachena (especialidade da casa), que resucitaba aos mortos. Houbo tamén postre ( doce de café e máis xeado) e,ó remate, café para quen o quixo.

  Estivemos moi ben atendidos, desde a chegada ata a despedida,  pola Presidenta da Asociación de veciños, Dª Marina Vázquez Outeiriño, que trouxo tamén  á súa filla Marián (coralista), ao neto, á nai,  e ó noso compañeiro (ex-colega),   Agustín Vega Veiga.

   Durante a cea conversamos, do divino e máis do humano, co tamén colega (profesor en Maceda),  o  Presidente da Coral, D. Suso Piñeiro.

   Tamén falamos co director, D. Baldomero Borrajo, para invitalos a Noia o día 11  de Setembro, pero declinaron a invitación,porque teñen vacacións ata o día 10 do mesmo mes.

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera