Publicidad:
Terra
La Coctelera

Calas en el diario

Impresiones sobre distintas salidas relacionadas con música coral. Hace unos días fuimos invitados por la Coral "Renfe "de Monforte a un concierto de Música de otoño. Estuvieron compartiendo escenario la Coral Alborada de Viveiro y la Coral Padrones

2 Mayo 2010

X Festa dos maiores de Porto do Son (01/05/10)

    Onte, día 1º de maio de 2.010, celebrouse en Porto do Son a " X Festa dos maiores".

    Estaban anotados para asistir a ela unhas 760 persoas, frente ás máis de 800 do ano anterior.

    Ás 12,00 houbo a consabida Misa, na que cantou a Coral "Virxe do Carme" do Clube de Xubilados.

    Posteriormente nós - Anuska, súa nai, Renato e máis eu- aproveitamos para dar un longo paseo polo porto.

    Ás 14,00  horas abriron o Pavillón polideportivo e estivo a xente entrando (organización deficiente) ata pasadas as 14,30.

    O catering foi servido polo" Hotel Congreso "de Santiago, que presentou o seguinte menú: langostinos conxelados, empanada de bonito e queixo en tiras; logo veu o cocido (carne de porco e de tenreira, costela, pata, chourizo... coas correspondentes patacas e repolo, todo en abundancia).

    Finalmente houbo postre individual nunha cazoliña  de cacho, que consistía nunha filloa con chocolate quente e tarta de queixo.

    Rematando todo, café de pota (disque froxo) e descafeinado (non había leite).

    A festa foi amenizada pola orquestra "Odisea", que presenta tres cantantes (dúas mulleres e un home); unha organista, un baixo e tres persoas no metal (unha trompeta, un saxo -muller-) e o batería.

    O sonido era malo, pola moita reverberación ou eco do local.

    Despois do cocido, eu fun descansar un pouco ó coche, pero non cheguei a dormir.

    Ás 17,08 saímos para Cambre, onde actuaba ás 19,30 a Coral "Don Diego de Muros"

servido por hortaderoura sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Soy un músico semiautodidacta (gaiteiro por más señas), que está relacionado con el campo coral. Participo en las actividades de varios grupos. Mi radio de acción se ubica en el Sur de la provincia coruñesa.

Fotos

hortaderoura todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera