Tres en uno (09/01/10)
O día 8 de xaneiro houbo unha nevada considerable en cáseque toda Galicia.
Na zona do Barbanza estivo cortada a estrada entre Santiago e Noia.
Ó día seguinte, sábado, Anxos 1 e 2 and I, tiñamos que ir ata San Mamede do Monte, ó lado de Negreira, para estar alí ás 10 da mañán. Despois debiamos ir a Santa María de Cobas e, pola tarde, a Busto preto de Sigüeiro.
Esa noite tamén nevara e cando deixamos a "carretera" xeral en Urdilde, atopámonos con 11 qm. de neve xeada na calzada.
Fomos pouquiño a pouco (marchas cortas) e chegamos gracias a Deus ó noso destino. Ó subir a costiña da igrexa, toda branca, xa o coche da panadeira (furgoneta) estaba atravesada ó lado da igrexa. Entramos no templo e vimos que xa chegara o cura de Negreira, que nos dixo que o párroco non podía vir, porque ó saír do garaxe en Santiago, o coche fóraselle fóra.
Oficiaron el e máis outro sacerdote de idade avanzada. Rematada a Misa, vimos como a egua dun paisano se estombeaba na neve (un veciño preguntoulle se lle tiña calefacción na corte) encamiñámonos a Sta. María de Cobas (perdémonos cara á Ordoeste) e chegamos a tempo para escomenzar ás 11.
Alí celebraron os dous mesmos cregos que en San Mamede e todo foi ben, porque na volta, arredor das doce, xa había menos perigo na estrada.
Ó chegarmos a Noia eu comín, por non facer hora e media de camiño, no aparcamento do Eroski e ás 14,30 saín para a Serra para recoller á cantante nº 4.
En Ribademar había un accidente, que me obrigou a meterme pola Barreira e alí, xunto a escola, había outro, que me fixo estar bloqueado no camiño uns 15 minutos.
Cando fomos da Serra para Noia, outro percance entre dous camións en Tarás, obrigounos a esperar, con medo de non chegarmos a tempo para o funeral da tarde.
Xa arredor das 15,00, hora de saír, ou algo máis tarde, collemos a ruta de Santiago. Seguimos ata preto de Sigüeiro e por fin chegamos a Busto, uns 10 minutos antes das 16,30.
Oficiou un cura "negro", que estaba auxiliado por outro da mesma cor, e un branco de mediana idade.
Sobre a 17,15 viñemos de volta e esto foi todo o que pasou o día do TRES en UNO.